XESTIONA A TÚA INSCRICIÓN

Dende aquí podes xestionar a túa inscrición tanto para o circuíto coma para calquera proba do Trail Series 2024. Lembra que para poder participar no circuíto deberás inscribirte ANTES DA PRIMEIRA PROBA, logo aínda que participes en todas perdes a posibilidade de acceder aos premios do circuíto.

 

Para o circuíto, o prazo de inscrición ábrese o día 19 de novembro e péchase o Luns 22 de Xaneiro ás 09:00 h.

 

Para formalizar a inscrición proba a proba os prazos quedan como sigue:

  • Trail e Andaina da Ponte: apertura o 19/11/2023 - peche 22/1/2024 ás 09:00 h.
  • Trail e Andaina de Outes: apertura o 19/11/2023 - peche 11/3/2024 ás 09:00 h.
  • Trail e Andaina de San Isidro: apertura o 19/11/2023 - peche 20/5/2024 ás 09:00 h.

 

PREZOS:

  • O importe por anotarse para todo o circuíto é de 40 € por persoa para participar nas probas curtas, e 55 € por persoa para participar en todas as probas longas.
  • O importe de cada carreira anotándose independentemente para cada unha delas é de de 15 € para as distancias curtas, e de 20 € para as distancias longas. Para as andainas o importe é de 7 €.
  • Cada participante nos trails terá un chip e un dorsal  que se lle entregará da proba, o chip debe ser devolto unha vez finalizada a carreira. Non devolvelo implicará o abono de 10 € en concepto de penalización.
  • Aquel@s que se anoten para o circuíto terán dereito a obsequio conmemorativo do circuíto que se entregará na primeira proba.
  • Pódese modificar a inscrición e cambiar de distancia ata 7 días antes de cada unha das probas, abonando ou reintegrando a diferencia de 5 €, según corresponda.
  • Todos aqueles equipos que se inscriban antes do 1 de xaneiro de 2024 por cada 10 membros inscritos terán a posibilidade de inscribir a un membro máis de xeito gratuíto.

CLASIFICACIÓNS E INSCRICIÓNS

CLASIFICACIÓN

Si tes dúbidas contacta con nós en:

ORGANIZA AROUSA NEO - AROUSA.COM